Día das letras galegas
Hoxe é 17 de Maio, día das letras galegas, e quería deixar aquí unha cousiña escrita por María Mariño Carou, que tivo algo que ver con Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel, a quen se adica este día.
"Aquí che deixo, meu peito canso, aquí
che deixo,
aquí che deixo neste branco papel trillado, neste
percuro das horas.
Quén eres -perguntaranche-, quén eres?
Son a néboa que anda soia, son o sol
que quenta as queixas, dos camiños
son o farto,
son o sono que rixe
mundo que verte tempo,
son o berro caladiño entre arranque-brío de sono morto.
Das cousas que non se atopan
tamén son,
das ondas que soio van, van e van,
delas son,
de cando veñen e vein vindo
delas son. Son o ledo daquel sono -terra sin pisadas,
soio remaxe das cousas-.
Papel branco,
trillado,
papel,
berra,
berra entre os fortes
desd´onde as miñas verbas che magoan."
----
(Eu adícollo a El, El ben sabe quen é)
Este poema está incluido no libro "Verba que comenza"

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio